Bos días!!!

Hoxe espertei creativa, así que naceu o blog "Historias dunha mestra de PT". Son Marta Bernárdez Míguez, mestra de Educación Especial no CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro do Carballiño. O obxectivo é ir colgando as experiencias cos meus alumnos e alumnas, os seus traballos, difusión dos proxectos que realizaremos este curso e moitas cousas máis.